|
|
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA A TER EN CONTA, NO PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE MATRÍCULA NO CICLO FORMATIVO GRAO MEDIO DE AGROECOLOXÍA
|
I. SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN.
1.Prazo de presentación: 1 a 13 de setembro.
2.Modelo de solicitude e lugar no que deben presentarse:
2.1. O modelo de solicitude é o que se inclúe no anexo I da Orde da Consellaría de Educación do 5 de xuño de 2007 (DOG núm. 115, do 15 de xuño). Existe a posibilidade de cubrila na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.es/fp.
2.2. As solicitudes, debidamente cubertas, presentaranse na secretaría do centro no que se imparta o ciclo formativo solicitado en primeiro lugar, acompañadas da documentación que se determina a continuación.
3.Documentación xeral e particular segundo a forma de acceso.
3.1. En todo caso, coa solicitude debe xuntarse fotocopia cotexada do DNI/NIF, pasaporte ou documento de identidade da UE.
3.2. Segundo a vía de acceso ao ciclo, xuntaranse os seguintes documenttos acreditativos dos extremos esixidos pola normativa vixente:
* No caso de acceso directo: Certificación oficial, cuberta no modelo específico establecido, da titulación ou dos estudos requiridos para esta forma de acceso, polos números 1 e 2 do artigo 5 da devandita Orde. Na certificación figurarán as cualificacións das diferentes materias e constará o feito de ter efectuado o depósito do título, de ser o caso.
* No caso de acceso mediente proba: O interesado presentará unha copia compulsada do certificado da superación da proba de acceso aos ciclos formativos solicitados .
* Solicitantes maiores de 25 anos que teñan superada a proba de acceso á universidade: copia compulsada da correspondente certificación.
* Persoas discapacitadas: ademais da documentación acreditativa segundo a forma de acceso, deberán presentar a documentación acreditativa da súa minusvalidez, xunto co seu ditame médico facultativo.
* Os solicitantes que sexan deportistas de alto nivel: presentarán, xunto coa documentación que corresponda segundo a forma de acceso, unha resolución personalizada da consellería competente acreditativa de ter a dita cualificación.
II. ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E MATRÍCULA:
|
Período extraordinario de admisión: 1ª Adxudicación
|
|
Listaxe provisional de solicitudes
|
15 de setembro
|
|
Reclamación á listaxe provisional
|
15 ao 17 de setembro ás 13:00 horas
|
|
Listaxe definitiva de solicitudes
|
21 de setembro
|
|
1ª Adxudicación
|
21 de setembro
|
|
Matriculación 1ª adxudicación
|
21 ao 24 de setembro ás 13:00 horas
|
III. ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NON CUBERTAS, CALENDARIO E PRAZO DE MATRÍCULA:
1.As prazas non cubertas polas persoas admitidas na fase anterior, adxudicaranse aos solicitantes por orde decrecente de puntuación. A relación de adxudicatarios deberá ser aprobada pola comisión autonómica de escolarización e, ademais, en cada centro, o consello escolar ou social que corresponda.
2.O calendario para a publicación da relación de persoas admitidas nesta vía de adxudicación e o prazo de matrícula é o seguinte:
|
Período extraordinário de admisión : 2ª Adxudicación
|
|
2ª Adxudicación
|
28 de setembro
|
|
Matriculación 2ª Adxudicación
|
28 de setembro ao 1 de outubro ás 13:00 horas
|
CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO EN PRODUCCIÓN AGROECOLÓXICA
1.Título: Técnico en producción agroecolóxica
2.Duración: Dous cursos académicos (2000 horas)
3.Condicións de acceso:
3.1.Acceso directo:
* Título de graduado en ESO
* Título de Técnico dun Ciclo Formativo de Grao Medio de F.P.
* Título de Técnico Auxiliar de Formación Profesional.
* Ter aprobado o segundo curso de BUP.
* Ter aprobado o segundo curso do primeiro Ciclo Experimental da reforma das ensinanzas medias (REM)
3.2.Acceso mediante proba:
* Persoas que non posúan a titulación mínima requirida para acceder directamente ao Ciclo, sempre que teñan 17 anos no momento de realizar a correspondente proba.
3.3.Ter superada a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos
Para máis información pode dirixirse ao Centro de Formación e Experimentación Agroforestal "Pedro Murias" (Teléfono: 982-131017; Fax: 982-131019) ou ás Oficinas Agrarias Comarcais.
4.Módulos:
4.1.Primeiro curso:
* Fundamentos agronómicos.......................159 h. * Fundamentos zootécnicos..........................160 h. * Implantación de cultivos ecolóxicos..............160 h. * Taller de equipamentos de tracción............160 h. * Infraestructuras e instalacións agrícolas.. ....107 h. * Principios de fertilidade vexetal..................107 h. * Formación e orientación laboral.................107 h.
4.2.Segundo curso:
* Producción vexetal ecolóxica.....................192 h.
* Producción gandeira ecolóxica....................210 h.
* Manexo sanitario de agrosistema................105 h.
* Comercialización productos agroecolóxicos... 70 h.
* Empresa e iniciativa emprendedora............ 53 h.
* Formación en Centros de traballo...............410 h.
5.Acceso a outros estudos:
* Directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan.
* Mediante proba, sen prexuízo da correspondente exención, a todos os ciclos formativos de graosuperior da mesma familia profesional e a outros ciclos nos que coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión aos ciclos solicitados.
* Acceso a calquera das modalidades de bacharelato.
Para máis información pode dirixirse ao Centro de Formación e Experimentación Agroforestal "Pedro Murias", (Teléfono: 982-131017; Fax: 982-131019) ou ás Oficinas Agrarias Comarcais.
|